A AGPI participa na campaña con motivo do día internacional das persoas informantes
Con motivo do Día Internacional das Persoas Informantes (23 de xuño de 2026), a Autoridade Independente de Protección do Informante (AIPI) coordina unha iniciativa conxunta de sensibilización dirixida a visibilizar a importancia das persoas que comunican irregularidades coñecidas nun contexto laboral ou profesional e promover unha cultura de integridade baseada na detección temperá de irregularidades.
A iniciativa, aberta a institucións, organismos públicos, entidades e organizacións que desexen sumarse a unha mensaxe común en favor da integridade, a transparencia e a protección das persoas informantes, ten por finalidade a difusión o día 23 de xuño de 2026 da imaxe oficial da campaña, así como o texto común da mesma.
A participación na campaña, que non implica respaldo institucional, patrocinio, aval nin vinculación entre as entidades participantes, máis aló da súa adhesión aos obxectivos de sensibilización que inspiran a iniciativa, entendemos que cumpre cunha das funcións primordiais da AGPI, cual é o fortalecemento da cultura da información, dos mecanismos de promoción e defensa da integridade das organizacións e o fomento da cultura da información ou comunicación como mecanismo para previr e detectar ameazas en materia de fraude ou corrupción.
O texto oficial da campaña é o seguinte:
As organizacións máis sólidas non son aquelas onde aparentemente nunca xorden problemas.
Son aquelas capaces de detectalos, investigalos e corrixilos.
Moitas das irregularidades que chegan a coñecerse teñen algo en común: alguén decidiu alertar sobre elas.
Con motivo do Día Internacional das Persoas Informantes, sumámonos a unha iniciativa compartida por institucións e organizacións comprometidas coa integridade, a transparencia e o interese público.
Alertar de irregularidades protexe o interese público.
Protexer a quen informa fortalece a democracia
#DiaInternacionalDeLasPersonasInformantes
#InternationalWhistleblowerDay
#CulturaDeIntegridad