O pleno da AGPI do 4 de novembro de 2024 acorda a ampliación dos prazos máximos de comunicación das persoas responsables dos sistemas internos de información

Compartir
o-pleno-da-agpi-do-4-de-novembro-de-2024-acorda-a-ampliacion-dos-prazos-maximos-de-comunicacion-das-persoas-responsables-dos-sistemas-internos-de-informacion

O pleno da AGPI do 4 de novembro de 2024 acorda a ampliación dos prazos máximos de comunicación das persoas responsables dos sistemas internos de información

En data 4 de novembro de 2024 o Pleno da AGPI celebrou a súa primeira sesión plenaria de carácter ordinario. Na orde do día, figuraba a aprobación, se así procedese, do acordo do Pleno da AGPI polo que se crea o rexistro das persoas responsables dos sistemas internos de información, e de maneira unánime, o Pleno aprobou dita normativa.

Ao respecto, o artigo 8.3 da Lei 2/2023 ordena que, tanto o nomeamento como o cesamento da persoa física individualmente designada como responsable da xestión do Sistema interno de información, e a súa destitución ou cesamento, así como os integrantes do órgano colexiado, sexan notificados á AGPI no prazo dos dez días hábiles seguintes, especificando, no caso do seu cesamento, as razóns que xustificaron o mesmo.

Pola súa banda, o artigo 43 da normativa interna da AGPI permite excepcionalmente, cando o número de informacións, as persoas afectadas, o esgotamento de medios persoais e/o materiais ou o volume de actuacións puidesen supoñer o incumprimento de calquera prazo máximo legal para resolver, acordar de maneira motivada a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación establecido na Lei 2/2023.

Obviamente, ao tratarse aquí dunha notificación dunha especial relevancia xurídica e social, así como dun previsible volume elevado de notificacións, o Pleno da AGPI acordou ampliar os prazos máximos de comunicación de persoas responsables de Sistema internos.

Así, segundo establécese no acordo, as entidades públicas e privadas obrigadas a contar cunha canle interna de información, incluídas dentro do ámbito de aplicación establecido no artigo 51 quinquies da Lei 1/2016, deberán remitir a notificación nos seguintes prazos: 1) Entidades obrigadas do sector público (artigo 13 da Lei 2/2023): antes de 31 de xaneiro de 2025. 2) Partidos políticos, sindicatos, organizacións empresariais e as fundacións creadas por uns e outros, sempre que reciban ou xestionen fondos públicos (artigo 10.1c) da Lei 2/2023): antes de 28 de febreiro de 2025. 3) As demais entidades obrigadas do sector privado (artigo 10.1 a) e b) e 10.2 da Lei 2/2023): antes de 31 de marzo de 2025.

Compartir