Responsables de canles internas

O artigo 8.3 da Lei 2/2023, establece que tanto o nomeamento como o cesamento das persoas responsables das canles internas, debe ser comunicado ao órgano competente da Comunidade Autónoma, que na nosa Comunidade Autónoma é a Autoridade Galega de Protección do Informante (AGPI).

A comunicación debe facerse mediante a cumprimentación e envío do formulario correspondente a entidades privadas ou a entidades do sector público, segundo corresponda, ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón:

https://comunicacion-responsable.apigalicia.gal/siaci_sxi/publico

O procedemento a seguir é o seguinte: Debe cubrir a solicitude, pulsar en gardar, pulsar en xerar solicitude (lle vai a xerar un pdf), asine o pdf no seu ordenador, cargue o arquivo asinado no apartado correspondente (solicitude asinada), pulse outra vez gardar e xa lle permite presentar a solicitude. Coa presentación lle xerará un xustificante.

Deben contar con canle interna (artigos 12 e 13 da Lei 2/2023):

  • a) Todas as persoas físicas ou xurídicas do sector privado que teñan contratados cincuenta ou máis traballadores.

  • b) Todas as persoas xurídicas do sector privado que se atopen dentro do ámbito de aplicación dos actos da Unión Europea en materia de servizos, produtos e mercados financeiros, prevención do branqueo de capitais ou do financiamento do terrorismo, seguridade do transporte e protección do medio ambiente a que se refiren as partes I.B e II do anexo da Directiva (UE) 2019/1937, do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2019.

  • c) Os partidos políticos, os sindicatos, as organizacións empresariais e as fundacións creadas por uns e outros, sempre que reciban ou xestionen fondos públicos.

  • d) Cada unha das empresas integrantes de grupos de empresas mercantís.

  • e) A Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades que integran a Administración Local galega.

  • f) Os organismos e entidades públicas vinculadas ou dependentes dalgunha das anteriores Administracións públicas, así como aqueloutras asociacións e corporacións nas que participen estas Administracións e organismos públicos.

  • g) As universidades públicas galegas.

  • h) As corporacións de Dereito público.

  • i) As fundacións do sector público galego.

  • j) As sociedades mercantís en cuxo capital social a participación pública, directa ou indirecta, sexa superior ao cincuenta por cento, e as que se atope no suposto previsto no artigo 5 do texto refundido do Real Decreto Lexislativo 4/2015, do 23 de outubro, do Mercado de Valores.

Preguntas frecuentes

Estas preguntas frecuentes presentan a función da AGPI, explicando como protexe a quen denuncia infraccións normativas nun contexto laboral mediante unha canle interna. Inclúen información sobre quen pode informar, os seus dereitos e os procedementos para presentar denuncias de maneira confidencial e segura.

Contacto
Podo acudir á canle externa de denuncias ou debo denunciar en primeiro lugar na canle interna?
Que empresas están obrigadas a contar cunha canle interna de información?
As empresas non obrigadas poden crear unha canle interna?
Poden as empresas compartir entre si o sistema interno de información?
Poden as empresas externalizar o sistema interno de información?
É o mesmo o Sistema interno que a canle interna de información?
En que consiste o Sistema interno de información?
Que é a canle interna de información?
Como debe cumprir a empresa a obrigación de dispoñer dunha canle interna de información?
Débeseme informar de algo ao realizar a información?
Débense documentar dalgunha maneira as miñas informacións?
Podo informar de maneira anónima na canle interna?
Pódese utilizar a canle interna para todo tipo de informacións?
Quen xestiona a canle interna das empresas?
O “Responsable do Sistema”, Pode ser un órgano colexiado?
Deben notificar as empresas o nomeamento e o cesamento do “Responsable do Sistema?
O “Responsable do Sistema” É independente?
Quen pode ser o “Responsable do Sistema?
Como se xestionan as informacións que se proporcionen a través da Canle Interna?
Se a miña empresa ten unha caixa de correos ou unha canle para a presentación de denuncias, cumpre con iso as obrigacións da Lei?
Que debe facer unha empresa se a información non se presenta a través da canle interna?
Que facemos se se recibe unha denuncia ou información sobre conflitos interpersoais?
Pódenme sancionar se non cumpro as garantías de accesibilidade ou non ofrezo a información imprescindible do Sistema interno de información?
É sancionable o incumprimento da obrigación de implementar o Sistema Interno de Información?
Poderá concorrer o réxime sancionador da Lei 2/2023 con outro réxime disciplinario?
Que implicacións ten a implantación dun Sistema interno de información en relación co Rexistro de Actividades de Tratamento?
Como se calcula os 50 traballadores de persoal nas entidades do sector privado?
Prevese algunha excepción ao cómputo de 50 traballadores?
Está a Administración Pública obrigada a dispoñer dun Sistema Interno de Información?
Que entidades forman parte do sector público galego?
No sector público están incluídos os municipios?
Pódese compartir o Sistema Interno de Información?
Poden as Administracións Públicas externalizar a xestión do Sistema Interno de Información?
Cada Administración Pública debe informar sobre a súa canle interna?
Como deben rexistrarse as informacións recibidas a través da Canle Interna?
Quen pode acceder aos datos persoais contidos no Sistema Interno de Información?
Pódense comunicar os datos persoais a terceiras persoas alleas á Canle Interna?
Débense conservar todos os datos informativos proporcionados a través da Canle Interna?
Durante canto tempo débense gardar os datos no Sistema Interno?
Existe algunha particularidade no sector público autonómico galego?