A Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI)
A AGPI é un órgano colegiado adscrito á Valedora do Pobo, presidido pola súa titular e composto por representantes de diversas institucións. A súa función principal é protexer aos informantes de irregularidades, xestionar canais de comunicación e instruír procedementos sancionadores.
Enviar comunicación
Que é a Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI)?
A Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI), é un órgano colexiado, adscrito á Institución da Valedora do Pobo, presidido pola persoa titular da mesma, e da que forman parte como vogais, a persoa titular da Consellaría Maior do Consello de Contas, a persoa titular da presidencia do Consello Galego de Relacións Laborais, a persoa titular da secretaría xeral do Valedor do Pobo e a persoa titular da secretaría da Comisión da Transparencia de Galicia, que exerce as funcións de secretaría.
Que funcións exerce a Autoridade?
A Autoridade, de conformidade co disposto no artigo 51 septies.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e Bo Goberno, exerce as seguintes funcións:
a) A adopción das medidas de protección previstas na Lei 2/2023, de 20 de febreiro, no seu ámbito de competencias.
b) A xestión da canle externa de comunicacións.
c) A instrución e decisión relativas ás informacións e comunicacións previstas na Lei 2/2023, do 20 de febreiro.
d) A tramitación e resolución dos procedementos sancionadores e a imposición de sancións polas infraccións, de acordo coa Lei 2/2023, do 20 de febreiro.
e) O fortalecemento da cultura da información, dos mecanismos de promoción e defensa da integridade das organizacións e o fomento da cultura da información ou comunicación como mecanismo para previr e detectar ameazas en materia de fraude ou corrupción.
f) A aprobación de normas de organización e funcionamento.
g) A elaboración e aprobación dun informe anual sobre a actividade da Autoridade, o cal se incluirá no presentado anualmente polo Valedor do Pobo ante o Parlamento de Galicia, debidamente separado. Conterá, polo menos, o número e a natureza das comunicacións presentadas, as que foron obxecto de investigación, o seu resultado e o número de procedementos abertos.
h) As demais funcións que prevexa a Lei 2/2023, do 20 de febreiro, sempre que se refiran ao ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Autoridade exerce as súas funcións con plena autonomía e independencia, sen que en ningún caso poida recibir indicacións ou instrucións de calquera órgano, autoridade pública ou entidade privada.
Organigrama
Composición do Pleno da Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI) (4/11/2024)
1. Presidencia:
Titular: María Dolores Fernández Galiño. Valedora do Pobo
Suplente: María Xosé Porteiro García. Adxunta á Valedora do Pobo
2. Vogais
2.1 Consello de Contas
Titular: Juan Carlos Aladro Fernández. Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia
Suplente: José Luis Rodríguez Pedreira. Letrado Maior do Consello de Contas de Galicia
2.2 Consello Galego de Relacións Laborais
Titular: Antía Sández Callejo. Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais
Suplente: Cristina Fabeiro Varela. Secretaría Xeral do Consello Galego de Relacións Laborais
2.3 Valedora do Pobo
Titular: Fernando de Andrés Alonso. Secretario Xeral
Suplente: Beatriz González Moreno. Coordinadora Xeral
3. Vogal e Secretario
Titular: Santiago González Serrano. Vicesecretario Xeral
Suplente: Ramón Aguirre Seoane. Xefe do Servizo de Contratación e Xestión Económica
Persoal da Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI)
Ricardo Pedro Ron Latas, Subdirector xeral
Rosa María Otero Piñeiro, Xefa de Área
Roberto Pérez Fonte, Administrativo
Normativa
Ley 2/2023, de 20 de febrero, reguladora de la protección de las personas que informen sobre infracciones normativas y de lucha contra la corrupción.
a) Castelán: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2023-4513Directiva (UE) 2019/1937 DEL PARLAMENTO EUROPEO Y DEL CONSEJO de 23 de octubre de 2019, relativa a la protección de las personas que informen sobre infracciones del Derecho de la Unión.
a) Castelán, BOE: https://www.boe.es/doue/2019/305/L00017-00056.pdf
b) Castelán, EU: https://eur-lex.europa.eu/ES/legal-content/summary/protection-of-persons-who-report-breaches-of-eu-law.html
https://eur-lex.europa.eu/legal-content/ES/ALL/?uri=CELEX%3A32019L1937Ley 1/2016, de 18 de enero, de transparencia y buen gobierno
a) Castelán, BOE: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2016-3190
b) Galego, DOG (texto original): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160215/AnuncioC3B0-110216-0001_gl.htmlLey 10/2023, de 28 de diciembre, de medidas fiscales y administrativas
a) Castelán, BOE: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2024-2777
b) Galego, DOG (texto original): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231229/AnuncioC3B0-281223-0005_gl.htmlAcordo do 4 de novembro de 2024, do Pleno da Autoridade Galega de Protección á Persoa Informante, polo que se aproba a súa normativa interna.
a) Castelán, DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241119/AnuncioG2022-111124-0001_es.html
b) Galego, DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241119/AnuncioG2022-111124-0001_gl.htmlAcordo do 4 de novembro de 2024, do Pleno da Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI) polo que se crea o rexistro de persoas responsables do sistema interno de información. Enlace
Informe do 17 de marzo de 2025 do Subdirector da Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI) sobre as competencias da AGPI relativas a sindicatos, partidos políticos, organizacións empresariais e fundacións que reciban fondos públicos. Enlace
Informe do 5 de maio de 2025 da Subdirección Xeral da Autoridade Galega de Protección á Persoa Informante (AGPI) relativo ás obrigas dos grupos de empresas de dispoñer dun Sistema Interno de Información. Enlace
Informe do 5 de maio de 2025 da Subdirección Xeral da Autoridade Galega de Protección á Persoa Informante (AGPI) relativo a determinadas entidades do sector privado obrigadas a implantar Sistemas Internos de Información. Enlace