Aprobada a normativa interna da AGPI

Compartir
aprobada-a-normativa-interna-da-agpi

Aprobada a normativa interna da AGPI

En data 4 de novembro de 2024 o Pleno da AGPI celebrou a súa primeira sesión plenaria de carácter ordinario. Na orde do día, figuraba a aprobación, se así procedese, da normativa interna da Autoridade. De maneira unánime, o Pleno aprobou dita normativa, ordenando ademais a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En cumprimento dese mandato, en data 19 de novembro de 2024, o Diario Oficial de Galicia publicou o “Acordo do 4 de novembro de 2024, do Pleno da Autoridade Galega de Protección á Persoa Informante, polo que se aproba a súa normativa interna”.

Esa normativa de réxime interno da AGPI estrutúrase en dez títulos relativos a: 1) Natureza e competencias; 2) Estrutura orgánica; 3) Dereitos e deberes do persoal da Autoridade; 4) Circulares e recomendacións; 5) Réxime de asistencia xurídica; 6) Potestade sancionadora; 7) Canle externa de información; 8) Dereitos e garantías; 9) Medidas de protección; e 10) Tratamento dos sistemas internos de información.

Ademais de todo iso, dicha normativa interna conta cunha disposición adicional única, así como cunha disposición final única, sobre, respectivamente, modificación da normativa e publicación.

Trátase, en definitiva, dun marco normativa necesario e imprescindible para o recto funcionamento da AGPI. A tal fin, coa súa aprobación delimítanse, no necesario e permitido pola normativa de aplicación xeral, tanto o organigrama e funcións dos membros da Autoridade, como o seu ámbito concreto de actuación. Todo iso sen esquecer, loxicamente, aqueles aspectos atinentes á tramitación de informacións, de tal maneira que todos aqueles interesados poidan ter coñecemento do réxime da actuación da Autoridade.

Como é por outra banda necesario, dicha normativa incorpórase na súa totalidade á web da AGPI, de tal maneira que sexa facilmente accesible a toda persoa interesada.

Compartir