Comunicación e información
Nesta sección pode atopar novas, material divulgativo e eventos relevantes da AGPI para manterse informado sobre as súas actividades e novidades.
Enviar comunicación

O pleno da AGPI de 5 de mayo de 2025, aproba o informe do subdirector relativo a determinadas entidades do sector privado obrigadas a implantar Sistemas Internos de Información
O 5 de maio de 2025, o Pleno da AGPI aprobou por unanimidade un informe sobre entidades do sector privado obrigadas a implantar un Sistema Interno de Información (SII). O informe analiza o artigo 10 da Lei 2/2023, que impón esta obriga a empresas con máis de 50 traballadores e a entidades reguladas por normativa europea específica. Está dividido en catro partes: unha introdución e tres seccións que examinan distintos tipos de entidades privadas afectadas. A última parte céntrase nos distribuidores de seguros e reaseguros segundo o Real Decreto-lei 3/2020. Este análise inclúe a transposición da Directiva (UE) 2016/97 sobre distribución de seguros.
Ler máis
O pleno da AGPI de 5 de mayo de 2025, aproba o informe do subdirector sobre as obrigacións dos grupos de empresas de dispoñer dun Sistema Interno de Información
O Pleno da AGPI aprobou o informe sobre a obriga dos grupos de empresas de contar cun Sistema Interno de Información (SII), conforme á Lei 2/2023. Esta lei obriga ás empresas con máis de 50 traballadores a dispoñer dun SII, e establece requisitos específicos para os grupos de sociedades definidos no art. 42 do Código de Comercio. A sociedade dominante debe aprobar unha política xeral sobre o SII e a súa aplicación en todas as entidades do grupo. Permítese flexibilidade: pode haber un único SII para todo o grupo, un por empresa, ou un por conxunto de sociedades. Cada opción implica a designación dun ou varios Responsábeis do Sistema. As notificacións á AGPI dependerán do domicilio social e da localización dos centros de traballo en Galicia. Só se notificarán os sistemas cuxo ámbito xeográfico e administrativo coincida coa comunidade galega.
Ler máis
O pleno da AGPI do 17 de marzo de 2025 aproba o informe do subdirector da AGPI sobre as competencias da Autoridade relativas a sindicatos, partidos políticos, organizacións empresariais e fundacións (que reciban fondos públicos) de ámbito territorial galego
O 17 de marzo de 2025, a AGPI celebrou a súa 13ª sesión plenaria ordinaria, na que aprobou por unanimidade un informe sobre as competencias da Autoridade respecto a sindicatos, partidos políticos, organizacións empresariais e fundacións que reciban fondos públicos. O informe destaca que, segundo a Lei 2/2023, estas entidades deben contar cun Sistema Interno de Información (SII) e notificar á AGPI nun prazo de 10 días hábiles os nomeamentos e cesamentos dos responsables do sistema. A falta dun SII pode conlevar multas de ata 1.000.000 € para persoas xurídicas e 300.000 € para persoas físicas, mentres que o incumprimento das notificacións pode ser sancionado con ata 100.000 € para entidades e 10.000 € para individuos. A normativa distingue entre sector público e privado, sinalando que partidos políticos, sindicatos, organizacións empresariais e as súas fundacións deben implementar un SII se reciben fondos públicos. Ademais, en Galicia, estas entidades deben cumprir co disposto na Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno, notificando os seus sistemas á AGPI se a súa actividade limítase á comunidade autónoma.
Ler máis
O 2 de decembro de 2024 entra en funcionamento o sistema de comunicación de canles internas de información
O 2 de decembro de 2024 entra en vigor un sistema de comunicación de canles internas, segundo a Lei 2/2023, para protexer a informantes e combater a corrupción. As entidades públicas e privadas obrigadas deben implementar un sistema interno cunha canle para reportar infraccións e designar un responsable, notificándoo á autoridade competente. A AGPI habilitou na súa web un sistema sinxelo para estas notificacións, que xera unha confirmación automática. O incumprimento, como a falta de notificación ou un sistema inadecuado, pode ser multado con ata 300.000 euros para persoas físicas e 1.000.000 euros para entidades xurídicas.
Ler máis
O pleno da AGPI do 4 de novembro de 2024 acorda a ampliación dos prazos máximos de comunicación das persoas responsables dos sistemas internos de información
O 4 de novembro de 2024, o Pleno da AGPI aprobou crear o rexistro de responsables de sistemas internos de información. Segundo a Lei 2/2023, os nomeamentos e cesamentos deben notificarse en 10 días hábiles, salvo casos xustificados que permitan ampliar prazos. Pola súa relevancia e volume, o Pleno fixou novos prazos para estas notificacións: Entidades públicas: Ata o 31 de xaneiro de 2025. Partidos políticos, sindicatos e similares con fondos públicos: Ata o 28 de febreiro de 2025. Entidades privadas: Ata o 31 de marzo de 2025.
Ler máis
O pleno da AGPI do 4 de novembro de 2024 acorda a creación do rexistro de persoas responsables dos sistemas internos de información
O 4 de novembro de 2024, a AGPI aprobou a creación do Rexistro de Persoas Responsables de Canles Internas de Información (RSII-Galicia), en cumprimento da Lei 2/2023, que protexe a denunciantes e esixe a entidades públicas e privadas implementar canles internas de información e designar responsables. Prazos: Xeneral: 13 de xuño de 2023. Excepcións: 1 de decembro de 2023 (pequenas empresas e municipios). Obrigacións: Notificar á AGPI nomeamentos e cesamentos en 10 días hábiles mediante un formulario electrónico oficial. A xestión do rexistro será dixital e centralizada pola AGPI. Comunicacións fóra do formulario oficial carecerán de validez
Ler máis
Aprobada a normativa interna da AGPI
O 4 de novembro de 2024, o Pleno da Autoridade Galega de Protección á Persoa Informante (AGPI) celebrou a súa primeira sesión plenaria, na que aprobou de maneira unánime a súa normativa interna, a cal foi publicada no Diario Oficial de Galicia o 19 de novembro de 2024. Esta normativa abrangue dez áreas clave, desde a natureza e competencias da Autoridade ata o tratamento dos sistemas internos de información, e establece tamén disposicións sobre modificación e publicación. A normativa define o funcionamento interno e o organigrama da AGPI, así como os dereitos e garantías dos implicados, e foi incorporada na web da Autoridade para garantir a súa accesibilidade pública.
Ler máis
O 1 de novembro entra en funcionamiento a Autoridade Galega de Protección á Persoa Informante
En 2024, Galicia creou a Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI) para garantir a confidencialidade e o apoio a quen denuncie infraccións normativas. A AGPI, adscrita á Valedora do Pobo, ofrece canles accesibles para a comunicación de irregularidades e proporciona información detallada na súa web sobre os procedementos e a protección fronte a represalias.
Ler máis
Presentación do Informe sobre o Estado da Pobreza en Galicia 2024
O 17 de outubro, a sede da Valedora do Pobo foi o escenario da presentación do Informe sobre o Estado da Pobreza en Galicia, elaborado por EAPN Galicia, que forma parte da Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social. Este informe é fundamental para entender a situación actual da pobreza na nosa comunidade autónoma.
Ler máis